Hoxe conmemoramos un novo Día das Letras Galegas, adicado este ano 2015 a Xosé Filgueira Valverde. Escritor en lingua galega e castelá, antigo membro da Real Academia Galega, director do Museo de Pontevedra...trataba de divulgar a nosa lingua e a nosa cultura.
Debemos recordar que dende o noso ámbito, todos podemos seguir os pasos de Filgueira Valverde: empregando o galego cos cativos da familia, non esquecendo as fermosas obras literarias coas que contamos...en definitiva, tratando de facerlles ver o fermoso que ten a nosa lingua.
Feliz día!
No hay comentarios:
Publicar un comentario