Para ir dende o noso cole, primeiro montamos no autobús...
E poucos minutos despois comezamos a coñecer as distintas tendas do mercado: panadería, froitería, pescadería...
Os tendeiros ensinaron moitos dos produtos frescos que ali se vendían e tamén reparamos no uso da báscula e en moitas cousas ricas que habitualmente consumimos na casa.
Xa coma expertos no mercado, sabiamos que o de mercar era "un intercambio" e sen entregar os euros que se requerían non se podía levar o produto á casa. Seguidamente, chegou o momento máis divertido, xa que fomos nos os tendeiros e os clientes.
Así quedaron de cheas as bolsas da compra!!
E así quedamos nos de contentos!